Saturday 18 de May de 2024

Ordes inicia mañá os actos de celebración cunha gran Tarde de entroidada


Os máis novos e novas do municipio serán os protagonistas dunha xornada na que haberá obradoiros de todo tipo, xogos, animacións e moito máis

O Concello de xa ten todo listo para dar mañá o disparo de saída para o seu Entroido. Unha das celebracións máis esperadas polos veciños e veciñas e que terá como protagonistas desta primeira data aos nenos e nenas do municipio.
A partir das 16.30 horas a Alameda de Ordes servirá de escenario para a gran Tarde de entroidada. Sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan, xa que no caso contrario a convocatoria trasladarase ao pavillón Campomaior. Ata as 19.30 horas a diversión virá dada por obradoiros de maquillaxe, globoflexia, máscaras, chapas, ademais de contar con divertidas animacións, xogos e bailes.
Xa de cara ao sábado o Concello celebrará o Sábado de piñata. A partir das 17 horas as rúas do pobo acollerán un gran desfile de disfraces e un concurso, no que se repartirán máis de 4.000 euros en premios.